Miles de galegos e galegas pasaron onte unha noite de auténtico pánico, vendo cómo as lapas se achegaban aos seus fogares. Nestes intres son xa catro as persoas mortas. O sur do país está sendo arrasado polas lapas.   As escenas vividas en Vigo, a principal cidade galega, rodeada literalmente polo lume, non teñen precedentes. As rúas da cidade enchéronse de cinza; o fume impedía respirar e era imposible ver máis alá duns metros. A posibilidade de que a cidade ardera tornouse moi real cando apareceron lumes en Florida, Navia, O castro e incluso na  Praza de España! Só a choiva impediu unha traxedia aínda maior…Aldeas enteiras arderon xa. Aínda hoxe non é nada fácil respirar en Ourense….E ante a ausencia total de medios do Estado e da Xunta para facer fronte a ese inferno, unha vez máis vimos cómo o Pobo salva ao Pobo. Miles de galegos improvisaron brigadas para levar auga e facer fronte ás lapas coas seus propias mans e poñéndose en perigo a si mesmos. Unha vez máis volveu quedar  en evidencia a total incapacidade da Xuta e o Goberno do PP. Se no 2002, ante a traxedia do Prestige Rajoy só viu “hilillos de plastilina” hoxe tiña como única estratexia contra o lume…ver se chovía.

Leer más...

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas