Accede ó noso panfleto "Un traballador sabe canto lle pagan por construir unha vivenda e canto lle cobra o empresario por esa mesma vivenda."

A construción achega xa o 18% do Produto Interior Bruto (PIB).Os capitalistas atoparon no sector da construción a súa galiña dos ovos de ouro e xa están a exprimila despiadadamente. Os traballadores da construcion foron a base do crecemento económico no Estado español durante os últimos anos. ¿E que recibiron a cambio? Precariedade no emprego, baixos salarios, accidentes laborais e unha parte mínima dos beneficios que se produciron.

Agora, debido á especulacion dos empresarios, auténticos parásitos chupasangue, o sector comeza a frear o seu ritmo de produción e de novo pretenden que paguen os pratos rotos os obreiros. Non debemos permitir que sigan enchéndose os petos á nosa costa, debemos loitar unidos, sen caer nas divisións que inevitablemente tratan de introducir na clase explotada. As nosas reivindicacións son totalmente xustas, pero lamentablemente a defensa dos intereses dos traballadores non depende só disto. Os empresarios non atenden a razóns. Toda a historia do movemento obreiro demostra que ós traballadores nunca ninguén nos regalou nada e que só hai unha forza capaz de obrigar ós empresarios a que nos respecten: a forza dos propios traballadores cando estamos organizados e loitamos unidos.

Pero para solucionar un problema, ademais de loitar contra os seus efectos, hai que loitar contra a súa causa. E a causa é o propio sistema, o capitalismo. Para ser realmente efectiva, cada loita obreira ten que formar parte dunha loita global: a loita da clase obreira de todo o mundo para eliminar o capitalismo e pola transformación socialista da sociedade.

Únete á corrente marxista agrupada no xornal obreiro El Militante e loita connosco por unha alternativa socialista:

- Redución da xornada laboral a 35 horas sen redución salarial.

- Xubilación aos 60 anos co 100% do salario con contratos de substitución, mantendo a  estabilidade no emprego.

- Non á precariedad laboral. Fixo aos quince días. Por traballo periódico, contratos de fixos discontinuos.

- Salario Mínimo de 900 euros ao mes a partir dos 16 anos.

- Un posto de traballo ou subsidio de desemprego indefinido igual ao SMI ata atopar traballo.

- Vivenda digna. Nacionalización das grandes empresas construtoras e municipalización do  chan urbano para acometer a construción dun millón de vivendas sociais nos próximos catro anos.

Contacta con nós : 635 630 229.

 

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas