O xoves pasado tivo lugar unha masiva asemblea de estudantes na facultade de Historia, para discutir en que consisten os plans de Boloña e como loitar contra a súa aplicación. O cabreo e a disposición a loitar eran evidentes. Todo indica que podemos estar ante un novo estoupido na universidade de Compostela, similar ó de 2001, en contra da LOU.

O xoves pasado tivo lugar unha masiva asemblea de estudantes na facultade de Historia, para discutir en que consisten os plans de Boloña e como loitar contra a súa aplicación. O cabreo e a disposición a loitar eran evidentes. Todo indica que podemos estar ante un novo estoupido na universidade de Compostela, similar ó de 2001, en contra da LOU.

A esencia dos plans de Boloña é o intento por parte da burguesía por recortar gasto social. Queren botar fóra do Ensino Superior a milleiros de estudantes de clase obreira, quenes teremos enormes dificultades para nos costear o "Master" que esixe Boloña. Á burguesía sóbranlle licenciados.

Os fillos dos traballadores xogámonos moito desta volta. Organizar a loita para gañar, e non repetir os erros do pasado é esencial.

Propostas:

1-Sumarnos á convocatoria de folga que plantexan os CAF para o día 31.

O motivo da folga, a suba das taxas, é totalmente correcto. Ademais, propoñemos ampliar a plataforma reivindicativa incorporando a paralización da contrarreforma de Boloña, e convocar unha manifestación de estudantes.

2-Claridade nos obxectivos.

Loitamos para impedir a aplicación no estado español da contrarreforma, non para "mitigala" nin para "ralentiza-la súa aplicación". Esiximos gratuidade total da universidade para os fillos dos traballadores. 2% do PIB para a universidade pública

3-Organizarnos correctamente.

O conxunto dos estudantes non poden participar diariamente en asembleas maratonianas. É preciso a formación, a man alzada, dun Comité de Folga, en cada facultade, formada por aqueles estudantes dispostos a organiza-la loita. Ese comité ten que ser revocable pola propia asemblea en todo momento. Os diferentes comités de folga deben elixir un comité de folga central, de toda a USC. O papel dos comités será o de executar as propostas aprobadas nas asembleas, que deberán xuntarse unha vez á semana. O comité ten o deber de prepara-la estratexia e sometela a votación na asemblea. Non se pode improvisar un plan de loita en cada asemblea. Hai que aprobar un calendario firme de mobilizacións.

4-Extensión e unificación da loita.

Preparar as seguintes mobilizacións. O movemento ten que ir in crescendo. Extensión e formación de comités de folga en tódalas facultades de compostela, extensión ós outros campus de Galiza, extensión ó ensino medio, extensión ó resto das universidades do estado. Ó tratarse dun ataque estatal, só pararémolo cunha loita estatal.

5-confluir co movemento obreiro.

Galiza vive un auxe folguístico. O que máis teme o goberno central é o contaxio ó movemento obreiro. Debemos esixir ós dirixentes da CIG, CC.OO. e UXT, apoio total a mobilización.  Repartos de propaganda no mercado e no polígono industrial, solicitar envío de resolucións por parte dos comités de empresa, etc.

Convidámosvos a unha Xuntanza do S.E. o vindeiro luns 22, ás 13:00 horas, na áula 12, para discutir estas propostas

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas