Solidariedade coa Folga do Metal En rexeitamento da represión policial O pasado 8 de Maio, a policía atacou brutalmente ós traballadores do Metal en folga. Máis de 30 feridos foron resultado das cargas policiais indiscriminadas, e os pelotazos de goma. Parece que a Subdelegación do Goberno e a alcaldesa decidiron apoiar ós empresarios contra os obreiros e mandar os antidisturbios para esmagar a vontade de loita dos folguistas.

A maravillosa mobilización dos traballadores, con manifestacións en Vigo de 15.000 persoas, mozos das Compañías auxiliares principalmente, é totalmente alentadora para nós, os estudantes.

De feito, para nós, o futuro desta loita é esencial. Moitos de nós traballaremos mañá precisamente nas Compañías Auxiliares. O Metal na provincia abrangue a 3.500 empresas, de xeito que sen dúbida é unha das principais saídas laborais para a mocidade da comarca viguesa.

E o certo é que hoxe as condicións ás que nos enfrontamos os mozos nas Compañías Auxiliares son lamentables: contratos de dous meses, chegas ós trinta anos sen nengún contrato fixo, tes que matarte a facer horas extras para acadar un salario decente, ritmos de traballo brutais, incumplimento do convenio, falta de condicións de seguridade, sen dereitos sindicais, pódenche botar á rúa cande lles pete…

E precisamente esta lota pretende facerlle fronte á precariedade laboral que padecemos os mozos nas Compañías.

Por iso, o futuro desta loita aféctanos directamente.

O que os obreiros consigan hoxe coa loita, será o que atoparemos mañá cando rematemos os estudos.

Se os traballadores do metal son derrotados, os postos de traballo que academos cando nos poñamos a traballar seguirán a caracterizarse pola sobreexplotación. Se os obreiros gañan, herdaremos mellores postos de traballo mañá.

Xogámonos moito. Temos que loitar con eles.

Por isto, o sindicato de Estudantes chámavos a secundar unha folga xeral no ensino para o vindeiro xoves.

¡Viva a Loita dos traballadores do Metal!

¡Viva a Loita da Clase Obreira!

¡Obreiros e estudantes unidos e adiante!

¡Demisión dos responsables da brutal carga policial!

Xoves 11 de Maio, Folga Xeral de Estudantes en Vigo

Acode á Manifestación:

Sindicato de Estudantes.

Vigo: 635630229

Galiza: 636217248

www.sindicatodeestudiantes.org, Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas