La iglesia Católica, sus obispos, sus organizaciones religiosas, la Concapa y el Partido Popular se quejan en la calle de la reforma educativa del PSOE. Dicen que ataca a libre elección de centro por los padres y al derecho de enseñanza de la relig

La iglesia Católica, sus obispos, sus organizaciones religiosas, la Concapa y el Partido Popular se quejan en la calle de la reforma educativa del PSOE. Dicen que ataca a libre elección de centro por los padres y al derecho de enseñanza de la religión en las escuelas. Leanse los ataques del Estado contra la Iglesia católica, protestan por la reducción de las aportaciones de dinero público para el mantenimiento de sus centros de enseñanza y trasladan sus protestas a las calles, a las casas, a toda la sociedad. Pero, en mi opinión, los focos que alumbran el debate (tanto en los medios de comunicación de la Iglesia como en otros) se dirigen a un lugar equivocado. Con la coartada del debate sobre la enseñanza de religión o las reformas educativas del Gobierno en este sentido, se está escurriendo, con premeditación y alevosía, otro debate mucho más fundamental: o dos privilexios económicos da Igrexa Catolica Apostólica e Romana dentro do marco do Estado español. Convén pois levantar o velo do silencio que neste terreo se vén mantendo desde hai xa demasiado tempo.

Deixando aparte o feito de que o Estado distrae dos seus presupostos anuais, unha cantidade superior para financiar á Igrexa Católica que a destinada a proxectos de Inversión + Desenvolvemento, onde mellor queda resumida a ventaxosa relación da Igrexa Católica co Estado e no campo da fiscalidade, aspecto este que prácticamente se ignora e se silencia á cidadanía. Pero vaiamos por partes.

O clero non declara os sus soldos a facenda, e a Igrexa Católica está exenta dos impostos principais: IVA, imposto de bens inmobles(IBI), de sociedades, de transmisións patrimoniais ou de actos xurídicos documetados. Tal situación de privilexio e impunidade fiscal coloca á Igrexa nun situación permanente de paraíso fiscal que para si quixeran outros emporios económicos e empresariais.

O máis curioso desta situación é que, destas ventaxas fiscais, non se benefician as outras relixións que gozan da calificación de “notorio arraigo”, tanto as variantes do protestantismo,como o xudaismo ou o islamismo que tamén teñen asinado convenios de colaboración co Estado. Esta politica,coloca ao Estado español nun plano de total discriminación para con estas relixións que, ainda que non se diga públicamente, fixo que a Comisión Europea expresara reiteradamente a súa denuncia ante tales feitos por vulnerar así o principio de igualdade que deberia asegurar o estado aconfesional. Ben é certo que os que defenden este panorama de discriminación buscan a súa xustificación nos acordos bilaterais asinados ata hoxe entre Madrid e o Vaticano, pero, non é menos certo, que tal situación de bilateralidade tamén rexe para os acordo de integración na Unión Europea.

O mero relatorio dos acordos sobre asuntos economicos asinados entre a Igrexa de Roma e Madrid (3 de xaneiro de 1979) pon bén as claras cal é a situación de privilexio na que vive a Igrexa católica española.

O artigo I especifica claramente que a “ Igrexa católica pode libremente recabar dos seus fieis prestacións, organizar colectas públicas e recibir esmolas e regalos”; o que pode traducirse na practica, co emprego do termo libremente, en que a Igrexa está exenta de declarar os ingresos que proveñan dos seus seguidores.

No artigo II especificábase asemade, que “ o Estado se compromete a colaborar coa Igrexa católica na consecución do seu adecuado sostemento económico, con respeto absoluto do principio de liberdade relixiosa”

No artigo III aclárase que, ademais de non estar suxeitos a impostos sobre a renda ou sobre o gasto ou consumo conceptos como prestacións dos fieis, esmolas, regalos, colectas, etc, tampoco deberán ser obxecto de fiscalización, nin contable, nin de control de gastos,“a publicación de instruccións, ordeanzas, cartas pastorais, boletíns diocesáns e calquera outro documento das autoridades eclesiásticas...” así como as propiedades da Igrexa católica das que non teran, ademais, a obriga de dar explicacións sobre a súa procedencia.

Tampouco estarán suxeitas a impostos as súas actividades de ensinanza en seminarios diocesanos e relixiosos, asi como as disciplinas eclesiasticas en universidades da Igrexa (letra b do artg III)

Neste mesmo contexto, hai que sinalar que, segundo recolle o artigo IV, o Vaticano a Conferencia Episcopal, as diócesis, parroquias e outras circunscripcións territoriais, as ordes e congregacións relixiosas e os institutos de vida consagrada e súas provincias e as súas casas , terán direito ás seguintes exencións fiscais :

A)Exención total e permanente da contribución, tasas e calquera tipo de obriga fiscal territorial urbana dos seguintes inmobles: os templos e capelas e as súas dependencias ou edificios e locais anexos, as residencias dos bispos, dos coengos e dos sacerdotes con cura de almas,os locais destinados a oficinas da curia diocesana e as parroquiais, os seminarios destinados á formación do clero diocesano e relixioso e as universidades eclesiásticas(en tanto en canto impartan ensinanzas proprias desas mesmas disciplinas eclesiásticas) os edificios destinados a casas ou conventos das ordes, congregacións relixiosas e institutos de vida consagrada

B)Exención total e permanente dos impostos reais ou de producto, sobre a renda e sobre o patrimonio

C)Exención total dos impostos sobre sucesións, donacións e transmisións patrimoniais, sempre que os bens e direitos adquiridos se destinen ao culto, á sustentación do clero, ao sagrado apostolado e ao exercicio da caridade

Por no falar dos diñeiros públicos que recibe a Igrexa de Roma polo seu patrimonio histórico e os seus bens inmobiliarios, inxentes e cuantiosos, a pesares dos dous procesos de desamortizacións dos que foi obxecto ao longo do seculo XIX (Mendizábal e Madoz). Ademais de ser a primeira empresa inmobiliaria detrás do Estado, a Igrexa de Roma segue a ser, con moito, a primeira potencia do Estado en patrimonio histórico e é proprietaria de miles de inmobles e, mesmo, de varios latifundios rurais. Pois ben, cada ano as administracións autonómicas presupostan máis de 6 millóns de euros( mil millóns de pesetas) para financiar proxectos de restauración ou mantemento destes bens(museos, arquivos,catedrais, mosteiros, igrexas, casas rectorais..) e, mesmo, para construir novos edificios eclesiais, sen que, en troques, se esixan contrapartidas rigurosas de uso e disfrute público.

Mariano Sánchez Soler, autor do libro “As sotanas do PP. O pacto entre a Igrexa e a direita española” (Temas de Hoy) deu hai tempo, nun artigo artigo publicado en Le Monde Diplomátique, a relación de institucións catolicas reconvertidas en ONG que reciben axudas do Estado a traves do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Tales institución son as Adoratrices Escravas do Santísimo Sacramento e da Caridade, Carmelitas Misioneiras, Fillas da Caridade, Centros Xuvenis Don Juan Bosco, Irmas Hospitalarias do Sagrado Corazón de Xesús, Irmas Carmelitas da Caridade, Pequena Obra da Divina Providencia, Relixiosas Filipenses Fillas de Maria Dolorosa, Irmas da Caridade de Santa Ana, Irmanciñas dos Ancians Desamparados, Franciscanos de la Cruz Blanca, Fillas de Santa Maria da Providencia, Inspectoría Salesianos Santiago o Maior, Xuventude Obreira Cristiá de España, Xuventudes Marianas

Vicencianas, Mercedarios Provincia de Castela, Relixiosos Camilos, Orde Hospitalaria de San Xoan de Deus e a Sociedade de San Vicente de Paúl.

En suma, e sen afondar máis, atopámonos cunha situación de privilexios cuasi feudais, coa construcción dun paraíso fiscal sen limitacións, con desigualdades anticonstitucionais e co exercicio dun poder económico alleo ao control público do Estado ......Velaí a autentica e moi descoñecida faciana da Igrexa católica española

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas