Actos cheos de mozos e mozas e entusiasmo polas ideas comunistas 

Nas últimas semanas a imaxe de Lenin decorou as rúas da Coruña e Ferrol. Os e as compañeiras de Esquerda Revolucionaria esforzámonos moito na convocatoria destes actos que forman parte da xira estatal polo centenario da morte do revolucionario ruso. Esgotamos os case dous mil carteis impresos e repartimos milleiros de panfletos. 

O impacto foi tan grande que, pouco despois de comezar a empapelar a cidade, o Partido Popular da Coruña lanzaba un órdago esixindo ó Concello a prohibición do noso acto no Centro Cívico Cidade Vella. 

A Coruña, unha sala repleta. A censura franquista do PP fracasa 

A estes censores profesionais, franquistas a esgalla, sáenlles sarabullos cando oen falar de revolución, esquerda, loita… Non poden soportalo e, afeitos a enfrontarse á esquerda reformista que cede á mínima ante as presións, pensaban que iamos quedar caladas. Que equivocados estaban. Os e as comunistas de Esquerda Revolucionaria non cedemos ante as presións da extrema dereita, senón que as denunciamos e nos mobilizamos: unha conferencia de prensa fronte ó Concello contra esta ofensiva reaccionaria, chamadas ó Concello de decenas de militantes e simpatizantes mostrando a súa indignación, mostras de solidariedade por parte da esquerda coruñesa que foron fundamentais… Finalmente, tivemos un gran acto.

Librería"
O Partido Popular da Coruña lanzaba un órdago esixindo ó Concello a prohibición do noso acto no Centro Cívico Cidade Vella. 

Durante case dúas horas e nunha sala ó tope con máis de 60 persoas, na súa maioría xente nova, aínda que tamén houbo veteranas e veteranos, falamos sobre Lenin polo miúdo, da súa vida, do contexto revolucionario que lle tocou vivir, da experiencia da Revolución rusa, da súa entrega total á causa socialista e das leccións máis importantes de todo iso: a necesidade dunha política de independencia de clase, fiel ós intereses dos e das oprimidas, e da construción dun partido revolucionario coma o partido bolxevique. 

O interese foi tal que abrimos dúas quendas de palabras, dúbidas, preguntas e achegas, nas que se puxeron sobre a mesa unha morea de temas. Nun ambiente fraternal e de entusiasmo por coñecer máis sobre a memoria histórica e revolucionaria da nosa clase, reflexionouse sobre as semellanzas do Goberno Provisional coa política de colaboración de clases da fronte popular na Revolución española, da posición dos e das marxistas ante as eleccións, de como combater á extrema dereita, da actualidade das ideas socialistas e como espallalas, tamén se preguntou sobre marxismo e anarquismo, pedíronse referencias de libros e películas para aproximarse á teoría marxista e ás principais revolucións. E moitas cousas máis que non caben nunha breve crónica como esta, pero que nos fixeron saír da sala coas pilas cargadas para continuar construíndo Esquerda Revolucionaria, e con moitos e moitas dos alí presentes interesados en unirse ó proxecto da revolución. 

O presidente do Ateneo Ferrolán ten que dar marcha atrás e permitir o acto

Na mesma liña de censura o PP de Ferrol, á fronte do Concello, lanzaba unha advertencia pública ó presidente do Ateneo Ferrolán, Xavier Montero Dongil, para que non permitise a celebración do acto. Porén, tras varios días de denuncia pública, tanto do PP coma da decisión antidemocrática e unilateral do presidente do Ateneo de cancelalo e, por suposto, despois da solidariedade recibida, finalmente o acto puido levarse a cabo no salón de actos do Ateneo.

Homes e mulleres fundamentalmente veteranos loitadores e loitadoras de Ferrol, moitos deles e delas coñecedores da figura de Lenin, puideron reencontrarse coas súas ideas, explicadas no contexto da actualidade política por parte de Víctor Taibo, dirixente de Esquerda Revolucionaria, e por Xaquín García Sinde, tamén de Esquerda Revolucionaria e sindicalista da CGT Navantia Ferrol. 

Librería"
Veteranos loitadores e loitadoras de Ferrol, moitos deles e delas coñecedores da figura de Lenin, puideron reencontrarse coas súas ideas. 

Ó rematar ámbolos actos seguimos conversando cos e coas asistentes e aconsellando sobre os libros da nosa editorial, a Fundación Federico Engels, que máis podían interesar nas nutridas mesas de material político que puxemos. Sen dúbida os textos de Lenin levaron a palma, pero tamén se venderon materiais sobre a Revolución española, a alemá, sobre Rosa Luxemburgo... 

Ante a crise capitalista milleiros de mozos e mozas, traballadores e traballadoras, pregúntanse que facer para cambiar esta situación, para acabar coa desigualdade e a explotación. Lenin e a experiencia da Revolución rusa dannos a clave: loitar de forma organizada, construír o partido revolucionario, aquilo que permitiu que a Revolución rusa triunfase e que se empezase a construír o primeiro Estado obreiro da historia. Iso é o que facemos en Esquerda Revolucionaria, únete a nós, únete ó leninismo en acción!  

Librería"
Ó rematar ámbolos actos seguimos conversando cos e coas asistentes e aconsellando sobre os libros da nosa editorial, a Fundación Federico Engels, que máis podían interesar nas nutridas mesas de material político que puxemos. 

banneringles

banneringles

banner

banner

banner

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas