O escándalo Bárcenas é unha oportunidade de ouro para facerlle pagar ó PP as súas mentiras e o sufrimento que está provocando. Non debemos desaproveitala, temos que actuar coa mesma contundencia coa que actúan eles.

A continuidade que os dirixentes de CCOO, UGT e CIG lle están dando á folga xeral do 14-N é un mero rosario continuo de mobilizacións simbólicas que só serven para queimar ás persoas que acuden, que en xeral son sempre as mesmas. ¡Teñen que saír da súa parálise inmediatamente!

CCOO, UGT E CIG TEÑEN QUE CONVOCAR XA UNHA FOLGA XERAL PARA FACER CAER O GOBERNO. O PP É UNHA AMEAZA PARA A SOCIEDADE E TEMOS QUE ACABAR CON EL. AGORA É O MOMENTO.

Se os dirixentes sindicais seguen sen estar á altura das circunstancias, os traballadores deberemos plantexarnos a necesidade de cambiar os nosos sindicatos desde dentro para substituír ós actuais dirixentes por outros con vontade de loitar.

A dereita e os empresarios queren acabar con todo. Temos que organizarnos para impedírllelo, temos que asumir que a loita ten que ocupar un papel nas nosas vidas. Así foi como se conquistaron no pasado os dereitos que hoxe estamos perdendo e só así conseguiremos defendelos.


banner

banneringles

banneringles

banneringles

bannersindicalistas

bannersindicalistas